domingo, 11 de octubre de 2020

UN CORUÑES NOS PAISES BAIXOS

 Pouco tempo fíxome falla para  teren un deses días nos que a morriña parece non deixar hoco para mais nada.

Un empérrase en votar atrás a ollada, algo que de sobra sei que non serve de nada. Pero non o podo, e se cadra, non quero evitar.

Estas terras baixas, como ben se dan a coñecer, carecen absolutamente de desnivéis que superar. Quén me diría a min que estranaría botar os fígados pola boca mentres subo á Zapateira. Seguramente porque encántame baixala polos carreiros a toda mecha.

Aquí non hai nada que escalar e nada que baixar e lémbrome do Monte de San Pedro, de Bens, mesmo da Ronda de Nelle… quen ia pensar que un día botaría de menos subir unha costa na bici.

Disfruto nestos lares xentís, eso si, de paseos plácidos donde un pode disfrutar da quietude dos prados con vacas ou cabalos, dos bosques, dos canais, dos muiños que por aquí abundan e que permiten percorrer o país enteiro por seguros carrís para as bicicletas. 

Un atopa carril para bicicletas aló onde vai nos Paises Baixos

Pero non deixo de evocar mais do que quixera do parque da Torre de Hércules, do sendeiro do Mero, de todo o paseo marítimo que tanto percorrín camiñando, correndo ou na bici.  Ai!!!! Quén pillara as corredoiras do Seixo Branco!!!!!

Os días soleados que xa van sendo menos, como na miña terra, lémbrome dos paseos polos Cantóns, o Parrote, o Dique de Abrigo e tantos paraísos que por cotíans non deixan de ser extraordinarios para quen sabe apreciar o privilexio de vivir nunha cidade como A Coruña.

 

Os venres e sábados pola noitiña non atopo o camiño á rúa dos viños, donde disfrutar do balbordo da xente, tal como o fixen dende ben cativo, só, coa pandilla ou da man da moza. Donde nos auto-homenaxeabamos cos calamares do Serrano, cas tapiñas da Bombilla, do bico de xeado,  co pulpo á feira da Nova Lanchiña, alí donde os xulgados.

Morriña do pan quentiño que case en pixama baixaba a coller cedo pola mañan donde Kiko e Paula, nos Mallos. Dos churros con chocolate dos sábados pola mañán no Timón enchendo ao netiño de tan exquisita larpeirada ás agachadas dos seus país.

Saudade, mais que nada dos longos paseos collido da man da miña compañeira disfrutando do arrecendo a salitre xa antes de albiscar o mar bravo e fermoso do Orzán e voltando a casa atravesando o Monte de Santa Margarida.

Solpor no Atlántico Coruñés

É o sentimento de soidade a zarza que mais rabuña a pel cando non tes mais remedio que sair a buscarte o caldo lonxe da terra. Mala chispa.

Teño que conter tanta melancolía, teño si, por que o outro fin de seman paseando por Eindhoven collín insconcientemente por un intre a man do meu compañeiro de traballo que miroume abraiado por tal confianza. Eu botei a rir para facer como que fora unha chanza. Non sei o que pensaría él, pero o resto da semana, cada vez que nos cruzábamos no almacén donde traballamos, decateime de que a súa ollada xa non era a mesma.

Adeus ríos adeus fontes, que dixo ela.

Que xa pronto nos veremos, que quero dicir eu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario